Drama estático nun cadro

Drama Estático nun cadro”, tamén coñecido por “O mariñeiro”, conta a historia de tres veladoras que narran a aventura dun mariñeiro que, náufrago e solitario nunha illa, inventa unha patria imaxinaria á cal finalmente se trasladará. Sen embargo, esta conversa é soamente a escusa que utilizan as tres mulleres para facer caer ó espectador na verdadeira tea de araña da obra: a viaxe no tempo. A noite que dura a conversa das veladoras é a noite no teatro, e a patria imaxinada polo mariñeiro é só un soño comparada co lugar a onde elas levaron ó espectador, ó lugar no que converteron todo o teatro, e polo tanto o mundo. Fernando Pessoa demostra nun texto que se pode dominar o tempo, e o teatro construe a máquina para poder facelo

ELENCO: Raquel Álvarez - Primeira Veladora Loreto Santos - Segunda Veladora Beatriz Losada - Terceira Veladora Carmen López - A noiva morta | Versión e tradución - Carlos Gulías | Escenografía e Vestiario - Ángel Seoane | Iluminación - Ángel Sousa | Música Orixinal - Lucas Rey | Dirección - Carlos Gulías

Descargar dosier en pdf

volver