Unha parella ideal

Se se che corta a maionesa, se esqueces mercar o papel hixiénico ou es Capricornio en lugar de Aries "Unha parella ideal" é a solución a todos os teus problemas. - Papá era epidemiólogo en Teherán e mamá perruqueira canina en Córdoba. Nunca se coñeceron, creo que poderían ter feito unha bonita parella... bah, en realidade nunca nos coñecemos. Eu nacín e vivín un tempo en Australia onde estudiaba agricultura e pagaba os meus estudos paseando koalas. ¿E ti? - Oh ben, eu sempre vivín cos meus pais ata que cheguei á gran capital. Aquí nunca tiven moitos amigos e esa soidade afectou levemente á miña sensibilidade para toda a miña vida. Unha noite pisei unha cascuda e estiven seis horas velándoa. Despois do enterro da cascuda caín nun pozo depresivo do que aínda estou recuperándome. Sentíame tan culpable...

REPARTO : EL - ÁNGEL SEOANE |ELA - TATI GARCÍA |ANXO E XEFE - CARLOS GULÍAS | VERSIÓN E TRADUCCIÓN : CARLOS GULÍAS A PARTIR DO TEXTO "YA ENTENDÍ" DE DIEGO FERRERO|DIRECCIÓN: CARLOS GULÍAS | ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: ÁNGEL SEOANE | DE SEÑO DE ILUMINACIÓN: | ILUMINACIÓN E SON: ÁNGEL SOUSA | MÚSICA: PITI SANZ

volver